Despois dunha longa estadía en quebec, o escritor xabier louzao volve a galicia e atópase coas cartas que o seu amigo adrián lle escribira durante a súa ausencia. unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir adrián na súa nova casa e que levan a xabier a acudir na súa axuda. pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que talvez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar.
