Despois dalgúns anos, ir indo edicións recupera a súa liña poética dando voz a unha nova creadora, asun estévez. nos versos desta voz feminina, cheos de referencias aos distintos elementos da natureza, como o mar, a auga, o vento ou a chuvia, tamén está presente o eu poético, que acariña a presenza do amor personificado no tempo, na noite ou no silencio. a loita da alma por aferrarse á vida, na súa batalla contra a enfermidade, aparece narrada dunha forma anovadora, como a sombra dos primeiros aires do inverno na herba dos campos.
