Desde que un bo día atopou un libro de maxia a carón da súa cama, a kika encántalle facer feitizos, aínda que a verdade é que ás veces os seus esconxuros teñen consecuencias inesperadas...que foi o que sucedeu para que kika se trasladase por primeira vez ao salvaxe oeste? como coñeceu a empanada decarne, a roque músculos e a tumbi, o enterrador? os irmáns tornado xa eran tan malos malísimos antes das aventuras de kika superbruxa e os indios? pois prepárate, cowboy, porque saberás de todo iso e dun feixe de cousas máis nesta nova historia de kika superbruxa!
