Despois do seu paseo polo monte, o protagonista desta novela curta de rafael laso non soubo voltar a súa casa. alí empezou todo. días despois perdeuse tamén entre as liñas do escrito, e máis tarde non lembraba tampouco os anos que ten, nin sabía en que día vive, nin recordaba sequera o seu nome. comezou a fallarlle a memoria. porén, o protagonista cre ter unha certeza: é campión do mundo de xadrez, o seu deporte favorito, e ten un novo contrincante cun nome raro: alzheimer. xoga ao xadrez contra a máquina, contra a memoria. soña partidas. lembra xogadas. mestura movementos dunhas e doutras sobre os escaques do taboleiro. memoria contra alzheimer. unha novela sobre o xadrez e o alzheimer.
