Desde os albores dos tempos, seres míticos e humanos coexistían en paz e harmonía. pero un día, os homes comezaron a perseguir o que non comprendían. tres mouras foron confundidas con bruxas e condenadas á fogueira. unha delas fuxiu, propagando unha maldición que case acaba coa humanidade enteira. as criaturas mitolóxicas acordaron entón manter a moura encerrada mediante un conxuro ligado á non intervención do humano devir. a lenda di que unha cría humana será quen volverá unir ambos os mundos...
